Partido Socialista de Navarra | |
---|---|
![]() | |
Tipo | organización política |
Ideoloxía | Socialdemocracia |
Data de fundación | 1974 |
Presidente/a | Roberto Jiménez (pt) ![]() ![]() |
Secretario/a | María Chivite |
Sede | Pamplona |
País | España |
Na rede | |
http://www.psn-psoe.org/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Partido Socialista de Navarra (PSN-PSOE) (en éuscaro Nafarroako Alderdi Sozialista) é a federación do Partido Socialista Obreiro Español na Comunidade Foral de Navarra. Constituíse en xuño de 1982, cando a Agrupación Socialista de Navarra do PSOE, integrada até aquelas no Partido Socialista de Euskadi (PSE), segregouse deste para formar a súa propia federación.
Gobernou Navarra en tres ocasións, ostentando en dúas delas a presidencia: 1984-1991 (con Gabriel Urralburu como presidente e en solitario), e en 1995-1996 (con Javier Otano como presidente, e en coalición con CDN e EA). De 2011 a 2012 gobernou en coalición con UPN (con Yolanda Barcina como presidenta e Roberto Jiménez como vicepresidente do goberno).
O 15 de xuño de 2012, a presidenta do Goberno de Navarra, Yolanda Barcina, destituíu o vicepresidente e secretario xeral do PSN, Roberto Jiménez, acusándoo de "comportamento desleal" por ter denunciado un déficit nas contas públicas da comunidade foral. Este feito provocou o abandono do PSN do goberno e o seu paso á oposición.[1]
© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search